Cantos de Ghana
O venres 30 de outubro tal e coma informamos na reunión de pais terá lugar no Teatro Municipal da Área Panorámica ás 20 horas a charla e pequena actuación sobre "Cantos de Ghana", un proxecto da ong marista SED que intenta recaudar fondos para a construcción dunha escola en África. Teremos con nós a presenza do Irmán maristas Aureliano García que nos contará o proxecto e a súa experiencia de 8 anos en Ghana e tamén da cantautora Inma Serrano que contará o proceso de gravación cos xóvenes africanos e ofrecerá un miniconcerto. Tanto no propio Teatro Municipal coma na portería do colexio estará á venda un CD+DVD por 10 euros que recolle toda a experiencia.
Na portería pódese mercar xa de 8,40 as 10 da mañá e de 15,15 a 17,15 horas.
Coma o aforo do Teatro Municipal da Área Panorámica é limitado só se poderá acceder con invitación. As familias do colexio poderán retiralas na Portería do luns 26 ó xoves 29 de outubro por un adulto. Apelamos ó sentido común para recoller única e exclusivamente as que vaiamos a utilizar e intentar encher o Teatro. O venres, se queda algunha invitación, porase a disposición do público en xeral unhas horas antes na taquilla do propio teatro. Grazas a todos pola vosa axuda.
























































